Inicio Carballo ao día Axenda Copa 5x5 de balonmán na rúa...

Copa 5x5 de balonmán na rúa alevín e benxamín

Do venres 3 de febreiro ata o domingo 5 de febreiro do 2023 Praza do Concello Deporte

A maior festa do balonmán na rúa para alevíns e benxamíns chega a Carballo da man da Deputación da Coruña e da Federación Galega de Balonmán. A copa 5x5 Deputación da Coruña levará este deporte ás prazas máis importantes de 7 concellos coruñeses, entre eles o noso.

Do 3 ao 5 de febreiro, na Praza do Concello habilitarase unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as. A pista disporá de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas, emisión en directo en streaming e dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas serán protagonistas.

Os equipos participantes deberán ter un mínimo de 5 integrantes ademais dun/ha responsable (de máis de 16 anos). A inscrición é gratuíta. Todas e todos os participantes recibirán unha equipación conmemorativa e os dous primeiros clasificados de cada proba en cada categoría recibirán un trofeo e medallas para todos os integrantes do equipo.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D