Inicio Carballo ao día Axenda Sid Griffin abre o Curruncho Pop

Sid Griffin abre o Curruncho Pop

Sábado 25 de febreiro do 2023 19.30 e 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Volve á Biblioteca Rego da Balsa o Curruncho Pop, un ciclo de concertos que acada a súa sétima edición consolidado como unha referencia cultural novedosa e orixinal na cal as propostas musicais, en ocasións en formato inédito, xiran arredor dun referente literario. E este ano abrimos o cartel cunha auténtica lenda do rock: o norteamericano Sid Griffin. As entradas están esgotadas.

19:30h Presentación do libro ‘Nuevo Rock Americano, años 80: Luces y sombras de un espejismo’ de Carlos Rego.

20:30h. Concerto de Sid Griffin
Sid Griffin é un músico norteamericano que liderou a bandas imprescindibles coma The Long Ryders ou The Coal Porters e que atesoura unha longa traxectoria desde a década dos oitenta, incluíndo traballos tamén en solitario. É unha lenda viva do rock americano, e un artista polifacético: músico, escritor, xornalista, produtor, director dun selo discográfico, entre moitas das súas facetas. Antes Carlos Rego falará precisamente da escena do rock americano dos anos oitenta, onde Sid Griffin e a súa banda The Long Ryders xogaron un papel destacado.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D