Obradoiro para familias "Fálame moito e ben"
Luns 6 de marzo do 2023 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo achega á Biblioteca Rego da Balsa un obradoiro sobre cando e como estimular a linguaxe nun contexto coma o noso, onde conviven dous idiomas. O obradoiro será impartido pola psicóloga Raquel Bello Varela, do equipo Oikos, e incluirá diferentes materiais con actividades destinadas a estimular a adquisición lingüística nas crianzas, xogos e cancións.
- A duración aproximada será de 90 minutos.
- Público: persoas adultas educadoras ou familiares que esperen unha crianza ou que teñan unha de ata 6 anos.
- Incrición telefónica previa no 981 758 580.