Obradoiro para traballadoras do ámbito dos coidados
Luns 20 de marzo do 2023 10.00 horas - Fórum Carballo Benestar
O Concello de Carballo únese á campaña da Área de Igualdade da Deputación da Coruña É por ser muller. Loitemos por unha igualdade real.
Unha das liñas de actividades desta campaña é Feminismos, traballo e vida. Dereito ao coidado, coidados con dereitos, un circuito de obradoiros dirixidos a traballadoras do ámbito dos coidados, que terán lugar en varios concellos, entre eles o noso.
O obradoiro desenvolverase o luns 20 de marzo, en horario de mañá, no Fórum Carballo. As persoas interesadas poden inscribirse no Centro de Información ás Mulleres (CIM), no teléfono 981 700 688.