Inicio Carballo ao día Axenda "O porco de pé", con...

"O porco de pé", con Producións Teatrais Excéntricas

Venres 24 de marzo do 2023 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Hai cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus que se confundían cos propios burgueses. Unha sucesión de grotescos personaxes, caricaturescos como monicreques, representan os principios da farsa popular, a medio camiño entre o circo e o barracón. Unha divertida sátira de corrupción política e amor, pasada polos espellos deformantes do parque de atraccións.

Intérpretes: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez
Escenografía e indumentaria: Carlos Alonso
Iluminación: Octavio Mas
Espazo sonoro: Piti Sanz
Versión e dramaturxia: Vicente Sendón
Autoría: Vicente Risco
Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval

Duración: 90 min
Público: adulto
Prezo da entrada: 3 € / 2 €. Á venda en www.ataquilla.com
Colabora Deputación da Coruña

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D