Horarios de verán das instalacións deportivas municipais
Do luns 26 de xuño ata o domingo 3 de setembro do 2023 Deporte
Toma nota dos horarios de verán nas instalacións deportivas municipais, que estarán vixentes dende o luns 26 de xuño ata o domingo 3 de setembro:
Complexo deportivo Vila de Noia (pechado do 16 agosto ó 3 de setembro)
Piscina, sala fitness e pavillón
De luns a venres, abertas de 08:00 a 14.00 e de 17:00 a 22:30 horas
Sábados, abertas de 09:00 a 14:00 horas
Domingos, pechadas
Complexo deportivo Carballo Calero (pechado do 1 ó 15 de agosto)
Piscina e sala fitness
De luns a venres, abertas de 07:30 a 13:30 e de 17:00 a 22:30 horas
Sábados, abertas de 09:00 a 14:00 horas
Domingos, pechadas
Pavillón
De luns a venres, aberto de 09:00 a 14:00 h horas
Sábados, pechado
Domingos, pechado