Inicio Carballo ao día Axenda Festa de Samaín para mozos e mozas de 12 a...

Festa de Samaín para mozos e mozas de 12 a 16 anos

Mércores 1 de novembro do 2023 19.00 horas - Mercado Municipal

Se tes de 12 a 16 anos, este 1 de novembro vas pasar moito medo. A Concellaría de Mocidade organiza unha festa de Samaín para adolescentes na que contaremos cos ingredientes necesarios para que goces coma nunca do festivo que temos ás portas: sesión musical con dj, cócteles sen alcohol, obradoiro de maquillaxe de caracterización, posadoiro e mesmo un castañeiro!

Despois da boa acollida que tivo o campus urbano para adolescentes, e recollendo unha das ideas que xurdiu desa experiencia, a Concellaría de Mocidade proponvos unha festa terrorífica. Celebrarémola de 19.00 a 21.30 horas na planta alta do mercado municipal, e temos 100 prazas, así que podes vir con todas as túas amizades. E todo de balde!

Como aínda es menor de idade, pide na casa que te inscriban, ou ben enviando un correo cos teus datos a info@totemgestion.com ou ben cunha mensaxe de Whatsapp ao 604 048 341. Ídelo pasar de medo!

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D