Inicio Carballo ao día Axenda Proxección de "Nada que ver" no...

Proxección de "Nada que ver" no Galidoc

Sábado 4 de novembro do 2023 19.00 horas - Casino1889

Este sábado 4 de novembro ás 19:00h terá lugar no Casino1889 a segunda sesión do GALIDOC IV, a mostra de cinema documental galego do Casino. Proxectarase Nada que ver (2022), o documental dirixido por Iago Prada sobre a radio comunitaria da Coruña Cuac FM.

Nesta ocasión, ao finalizar a proxección haberá un coloquio con membros do equipo de CUAC, entre outros estarán:
Mariano Fernández Cabarcos, o cofundador desta radio comunitaria que aínda está en activo, que ademais sae no documental. Foi Coordinador Xeral da Rede de Medios Comunitarios durante dous mandatos.
Beatriz González de Canales Redondo (“Bea Ulalume”). Leva na emisora dende outono do 96, fai parte do Consello de Cuac e é a voz en off do documental. É enfermeira de profesión.
Chus Abeledo, que, segundo o equipo de CUAC, é a máis cañeira de todas as persoas que veñen. Compromiso e acción, unha auténtica militante da comunicación comunitaria. E tamén sae no documental. Foi mestra, e agora é locutora e produtora.
Iago Prada. Director e productor audiovisual, realizou este documental, ademais foi socio de Cuac. Máis info sobre o seu traballo en: https://iagoprada.wordpress.com/ 

Nada que ver, o documental é un relato de resistencia. Non só a de Cuac FM, senón a de todos os medios comunitarios, radios e teles que sobreviven no noso estado. Nestes 25 anos, 480 programas pasaron pola grella de Cuac FM, feitos por persoas con distintas ideoloxías, razas, xénero, orientacións sexuais, culturas, capacidades, diversidades, procedencias, gustos musicais e mesmo siareiros de distintos equipos de fútbol! O número de programas rexeitados en CUAC ata o momento é de … cero. Esta é a súa historia.

Antes da proxección do filme, Laura Méndez Rodríguez, a presidenta do Casino1889, fará a presentación dun proxecto que está a xermolando no Casino que ten que ver coa radio: o podcast.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D