Inicio Carballo ao día Axenda Entradas esgotadas para o espectáculo...

Entradas esgotadas para o espectáculo "Baba-Bebé"

Mércores 8 de novembro do 2023 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

A Xanela do Maxín presenta Baba-bebé, unha obra de pequeno formato moi estimulante na que bebés e familias se mergullan nun espazo acolledor, seguro e propicio para desfrutar do paso das estacións, iniciando nunha primavera na que podemos observar e sentir o reino vexetal que comeza a medrar e un osiño que esperta, para despois pasar polo verán coa súa calidez e un mar que nos abraza, o ocre do outono e finalmente o frío inverno, onde o noso osiño se bota a durmir, descansando de todos os xogos e brincadeiras.

Celtia Figueiras e Topo Vidal, como intérpretes solistas, fan desta obra unha auténtica delicia para os sentidos dun xeito delicado, amable e perfectamente adecuado ás necesidades sensoriais da primeira infancia. 

Esta actividade, dirixida a familias con bebés de seis meses a tres anos de idade, forma parte do proxecto Apego.

PRAZAS COMPLETAS.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D