Migallas presenta "Cinco ratiños de conto"
Mércores 10 de xaneiro do 2024 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua
Na aldea do queixo fresco os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias: a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato. Sons e texturas apoian as historias e captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia coa compañía de teatro Migallas.
Entrada de balde con inscrición previa no teléfono 981 758 580 a partires das 10.00 horas do día 3 de xaneiro.
Espectáculo con Apego para familias con bebés de seis meses a 3 anos.
Duración: 30 minutos.
Guión, dirección e bonecos: Bea Campos.
Organiza: Concellaría de Normalización Lingüística.