Visita da oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas
Xoves 4 de xaneiro do 2024 09.00 a 14.00 horas - Rúa Coruña Benestar
A Secretaria Xeral da Emigración da Xunta de Galicia ten en marcha o programa Oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas, que ten como obxectivo prioritario promover a inclusión e integración da poboación emigrante retornada e os seus familiares en todo o territorio galego.
A unidade móbil estará dispoñible na rúa Coruña en horario de 09.00 a 14.00.