Inicio Carballo ao día Axenda "O auto do Castromil", de PT...

"O auto do Castromil", de PT Excéntricas, abre Cultura con forza

Venres 26 de xaneiro do 2024 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

A bordo dun coche de liña sucede unha viaxe onírica. Os viaxeiros dormen e as maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia. É a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, e que volve rebelarse de novo. As súas armas son o humor e espírito de Entroido. A través dunha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente, grazas a anacos das obras de Manuel María, a compañía dirixida por Quico Cadaval gañou o III concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María.

Intérpretes: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez.
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso.
Espazo sonoro: Piti Sanz.
Atrezzo: Kukas Producións Artísticas
Iluminación: Octavio Mas.
Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval
Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Duración: 70 min
Público: Adulto
Entrada: 7 € / 4 €

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D