Inicio Carballo ao día Axenda Os Ratos de Lonxedetodo presentan "O...

Os Ratos de Lonxedetodo presentan "O ratiño presumido"

Mércores 13 de marzo do 2024 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

O mércores 13 de marzo teremos aos Ratos de Lonxedetodo na Biblioteca Rego da Balsa co contacontos: "O ratiño presumido". Esta actividade, destinada a crianzas con idades comprendidas entre os 4 e 8 anos, terá, coma sempre, dúas sesións (17:00 h e 18:30 h).

Nesta sesión o rato Fuco e Lilí Gruyère van rachar con estereotipos de xénero que lles son inculcados aos nenos e nenas desde o berce. Nesta actividade dramatizarase o conto de "O Ratiño presumido", dándolle a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño (o Rato Fuco) que goza cantando e limpando a súa casa e que causa admiración pola súa beleza entre a súa veciñanza.

Inscrición previa no 981 758 580.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D