Inicio Carballo ao día Axenda "Desconecta", na escola de familias...

"Desconecta", na escola de familias pola educación en igualdade

Venres 19 de abril do 2024 17.30 horas - Antigas escolas do xardín Benestar

A presenza dos dispositivos móbiles na nosa vida diaria é un feito, sendo cada vez máis frecuente ver a nenos e nenas con dispositivos tecnolóxicos nas mans en máis situacións. e durante máis tempo do axeitado.

Desconecta é unha charla interactiva para familias a través da cal se persegue abordar a problemática do uso continuo (e abuso) de dispositivos nos menores.

Neste espazo de diálogo, ademais de compartir os perigos do seu emprego abusivo, ofreceremos estratexias e alternativas ó seu uso e presentaremos aplicacións educativas axeitadas ás idades e necesidades dos nosos cativos.

Por outra banda, será un espazo onde compartir e aprender a xestionar a frustración que nos aboca como pais/nais ou educadores/as no noso día a día as diferentes situacións derivadas da problemática do uso excesivo das novas tecnoloxías.

Inscricións: snl@carballo.gal

Compartir:


- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
29
30