Inicio Carballo ao día Axenda Exposición da Cruz Vermella "Rostros...

Exposición da Cruz Vermella "Rostros que fan cidade"

Do martes 23 de abril ata o domingo 12 de maio do 2024 Horario de apertura - Pazo da Cultura Benestar

A través da exposición Rostros que fan cidade, que pode verse no Pazo da Cultura, Cruz Vermella busca poñer o foco nas persoas, independentemente da súa idade, xénero ou condición. Persoas residentes na Coruña, Betanzos, Ferrol, Ordes, Santiago e Carballo que dan vida a cidades, barrios e comunidades. Un total de 40 retratos cos que Cruz Vermella, a través do proxecto CRECE, busca lembrar na provincia da Coruña a importancia de fomentar contornas inclusivas para previr, e mesmo paliar, as situacións de soidade non desexada.

Ata o 12 de maio podes ver os 40 Rostros que fan cidade, entre eles os de usuarios do centro sociocomunitario de Carballo ou da Asociación de Pensionistas de Sofán e tamén membros da xunta directiva de Afaber. 

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D