Inicio Carballo ao día Axenda O programa Apego en igualdade aborda o acoso...

O programa Apego en igualdade aborda o acoso escolar

Venres 24 de maio do 2024 17.30 horas - Antigas escolas do xardín Benestar

E ti, que tes que ver? Este é o título da charla que propoñemos para abordar o papel fundamental que desempeñan as familias na prevención, detección e intervención contra o acoso escolar.

Explicaranse diferentes conceptos relacionados co bulling, falarase dos indicadores os que se debe prestar atención para detectar o acoso: coas persoas implicadas no acoso (vítima, agresor/a, testemuñas, escola, familia...), e tamén saberemos como actuar cando se detecta; as consecuencias que se derivan do acoso e que estratexias temos ao noso alcance para abordar o acoso dende as familias dende unha educación emocional positiva.

Esta actividade forma parte do programa Apego en Igualdade, organizado polas concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística, e está aberto a familias con fillos/as de calquera idade. As interesadas poden solicitar máis información e/ou inscribirse a través do enderezo electrónico snl@carballo.gal.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D