Inicio Carballo ao día Axenda Letras na Rúa para render homenaxe a...

Letras na Rúa para render homenaxe a Luísa Villalta

Venres 17 de maio do 2024 11.00 horas - Praza do Concello

O día 17 de maio teremos LETRAS NA RÚA, un programa no que se aglutinan varias propostas destinadas a público adulto e familiar, que se desenvolverán na Praza do Concello:

11.00 horas

  • Pasarrúas da Banda Municipal de Gaitas
  • Apertura de Letras na Rúa coa Banda Municipal de Gaitas
  • Contacontos de Manuela Varela As verbas de Luísa. Espectáculo de narración oral no que se dá a coñecer a figura de Luísa Villalta, escritora e activista, homenaxeada o Día das Letras Galegas do 2024. Farase unha pequena revisión da súa biografía, na que xurdirán palabras relevantes da súa vida ás que se prestará especial atención. Manuela Varela é actriz e narradora oral que artella espectáculos moi divertidos e dinámicos que educan e entreteñen a todos os públicos.
  • XLII Concurso infantil de pintura e debuxo Luís Calvo, organizado pola asociación cultural Lumieira.

12.00 horas

  • Concerto de Pablo Díaz Canta música. Espectáculo co que Pablo Díaz e Olga Kirk levan a música tradicional galega aos máis pequenos a través de bailes, xogos, canto e música, e no que participarán de forma activa empregando instrumentos tradicionais.

13.00 horas

  • Banda de Música do Conservatorio (rúa Coruña). Tradicional Concerto das Letras da Banda de Música Municipal de Carballo, dirixida por Javier Bardanca, coa colaboración da Banda Municipal de Gaitas, que dirixe Jesús Moreira, cun variado e entretido repertorio.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31