Torneo sub-12 de fútbol Concello de Carballo
Do venres 14 de xuño ata o domingo 16 de xuño do 2024 Campo municipal das Eiroas Deporte
Do 14 ao 16 de xuño teremos en Carballo ao futuro do fútbol galego. O Torneo sub-12 Concello de Carballo celebra a maioría de idade coa participación dos mellores clubs da comunidade –RC Celta, RC Deportivo da Coruña, CD Lugo, Racing de Ferrol, Pontevedra CF, Bertamiráns FC, SD Compostela e Escolas Luís Calvo Sanz, anfitrioas do gran evento deportivo. Pero o alcance do torneo vai máis alá e esténdese polo norte peninsular, xa que tamén contaremos coas canteiras do Athletic Club de Bilbao e do Real Sporting de Gijón.