"Mi, me, comigo, contigo", educación en igualdade
Venres 21 de xuño do 2024 17.30 horas - Antigas escolas do xardín Benestar
Educamos por igual a nenos e nenas no plano afectivo sexual? Envíamos os mesmos mensaxes a nenos e nenas ? Fomentamos una axeitada autoestima nas crianzas? Falamos de afectividade e sexualidade cas crianzas? Como podemos facelo?
A través da charla Mi, me, comigo, contigo perséguese que as familias interioricen que a sexualidade é unha dimensión das persoas que vai dende o nacemento ata a morte e que existe unha gran diversidade na forma de vivila e de expresala, así como nas formas de ser e de relacionarse. Así mesmo ,destacarase a importancia do establecemento de vínculos sans, respectuosos e baseados no bo trato.
Esta actividade, que forma parte da escola de familias pola educación en igualdade, está aberta á participación de pais, nais e titores/as de nenos/as de todas as idades.
Inscricións en snl@carballo.gal
.jpg)