Ruta polos "Contos mariños de Carballo"
Sábado 21 de setembro do 2024 euqueroRB
RUTA polos "Contos mariños de Carballo", da Pedra do Sal a Razo
Outra oportunidade que temos para ser partícipes do coñecemento deste estudoso da nosa costa e da súa historia, con Xabier Maceiras.
Servizo de autobús para os participantes inscritos:
Ida: Ás 10h no aparcamento do CC Bergantiños (Haley).
Volta: Ás 14h no aparcamento da explanada da Praia de Razo.
- Horario: Inicio da ruta ás 10.30h na Pedra do Sal
- Dirixido a: Calquera idade (menores acompañados)
- Límite de prazas : 25 (completo)
- Coordina: Concello de Carballo
- Para máis información: 618 004 110
A ruta comezará na Pedra do Sal e estímase nunha duración de 2,5 horas.