Inicio Carballo ao día Axenda Talleres e exposición de tapices...

Talleres e exposición de tapices pictóricos de Andrea Milde

Do mércores 17 de xullo ata o venres 19 de xullo do 2024 Mercado municipal Cultura

Toma nota do programa de actividades KUKUmóbil da artista Andrea Milde.

TALLER XUVENIL DE TAPICES PICTÓRICOS
Se tes entre 8 e 14 anos participa no taller de tecidos pictóricos impartido pola artista Andrea Milde.
MÉRCORES 17 de 11.00 a 13.00 h
Aula de formación do mercado municipal, acceso pola rúa Cervantes.
Prazas limitadas, inscrición de balde enviando un correo electrónico a culturacarballo@carballo.gal indicando nome completo do/a neno/, idade, nome do titor/a, teléfono de contacto. Admisión por orde de inscrición, confirmaríase a súa admisión ou non o martes 16.

TALLER PARA ADULTOS DE TAPICES PICTÓRICOS
Participa no taller de tecidos pictóricos impartido pola artista Andrea Milde.
VENRES 19 de 10.00 a 18.00 h (descanso flexible ao longo da xornada)
Aula de formación do mercado municipal, acceso pola rúa Cervantes.
Prazas limitadas, inscrición de balde enviando un correo electrónico a culturacarballo@carballo.gal indicando nome completo e teléfono de contacto. Admisión por orde de inscrición, confirmarase a súa admisión ou non o xoves 18.

EXPOSICIÓN DE TAPICES
Exposición de tapices pictóricos realizados por Andrea Milde nos escaparates do local da esquina do mercado, con acceso desde a Praza do Concello. Aberta do 16 ao 24 de xullo.

Compartir:


- 2024 +
- Xullo +
L
M
M
X
V
S
D