Carballo participa na XIII Limpeza simultánea de praias
Sábado 26 de outubro do 2024 10.30 horas - Razo
ADEGA convoca a XIII Limpeza simultánea de praias, que terá lugar o 26 e 27 outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental, que conta coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Carballo, ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña.
Están chamados a participar nesta actividade e denunciar esta problemática ambiental os centros de ensino, escolas de surf e mergullo, clubs de piragüismo e vela, sector da pesca e marisqueo, concellos do litoral, e entidades de todo tipo de Galiza, tanto públicas coma privadas, ademais das persoas particulares.
Se tes interese en participar manda un correo a itziar@adega.gal. Anímate!