Inicio Carballo ao día Axenda Alfonso Alcántara e Rober Bodegas, na...

Alfonso Alcántara e Rober Bodegas, na Axober Work Party

Xoves 17 de outubro do 2024 19.30 horas - Fórum Carballo Promoción Económica

A Axober Work Party, que terá lugar este xoves, 17 de outubro ás 19:30 no Fórum Carballo, promete ser unha referencia para o tecido empresarial da comarca, contará coa presenza de Alfonso Alcántara como poñente principal, quen abordará como liderar e motivar equipos profesionais con rigor e humor. Durante esta xornada, os asistentes poderán aprender das experiencias de Alcántara, coñecido por ofrecer claves prácticas para mellorar o liderado e a xestión, nunha charla que durará 45 minutos. Ademais, o evento estará presentado polo humorista e empresario Rober Bodegas, quen se encargará de darlle dinamismo á xornada.

Se aínda non te inscribiches, non perdas a oportunidade de formar parte deste evento que será un punto de encontro para profesionais e empresarios. Aínda estás a tempo de reservar a túa praza e participar nun espazo de aprendizaxe e networking co mellor ambiente profesional. Ademais, os asistentes recibirán un pack de benvida con material exclusivo de Axober.

DATOS DO EVENTO

  • Data: 17 de outubro
  • Hora de apertura de acreditacións: 19:00
  • Lugar: Fórum Carballo
  • Relator: Alfonso Alcántara - "Como liderar e motivar aos teus profesionais con rigor e humor en 45 minutos".
  • Presenta: Rober Bodegas
Ao final do evento haberá un cóctel de networking onde poderás coñecer e conectar con outros profesionais da nosa comarca, nun ambiente distendido e enriquecedor.

Compartir:


- 2024 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
3