Rosalía Fernández Rial presenta "Fóra de campo"
Mércores 13 de novembro do 2024 20.00 horas - Escolas do Xardín Agra de Caldas Lingua
As bibliotecas de Carballo convídante a gozar do outono máis literario e a coñecer de preto aos autores e autoras dos teus libros de cabeceira a través dos exitosos clubs de lectura, que continúan a súa andaina, e de presentacións literarias como as dúas que temos previstas para os vindeiros días.
Mañá mércores, sen ir máis lonxe, a Biblioteca Municipal Agra de Campos achegaranos á escritora carballesa Rosalía Fernández Rial, que presentará nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, ás 20.00 horas, o seu último libro: Fóra de campo, premio Roberto Vidal Bolaño 2024, acompañada por Carmen Castro, técnica de Cultura do Concello de Carballo.
Nesta obra, dirixida ao público xuvenil e adulto, Rosalía Fernández Rial adéntrase, a través de Nere, a protagonista, na cara oculta das redes sociais, o poder das contendas cotiás, os fíos que unen as mulleres que non se deixan enredar, cunha linguaxe contemporánea na que conflúen as artes escénicas, plásticas e musicais.