Falamos dos anos 80 con Fernando Fernández Rego
Venres 22 de novembro do 2024 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua
Fernando Fernández Rego estará de visita no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa presentando o seu novo libro, Anos 80. Movida, atlantismo, vangardismo e underground, e partillará sobre esta década dourada nunha mesa redonda na que o acompañarán Xabier Graña, José Manuel Tasende (ex membro do grupo Metro) e Xaime Díaz.
Nesta obra, Fernando fai un percorrido por esa década intensa e rupturista que marcou o futuro da música e das artes en Galicia. Aínda que a música é o eixe central do libro, fanse paradas na contracultura, o “faino ti mesmo”, os fanzines, o audiovisual, a poesía e a plástica. Porque falamos de tempos novos e efervescentes en que proliferaron os camiños alternativos e subterráneos, e onde ten lugar unha transformación radical, tanto da sociedade como das artes.
Entrada libre ata completar capacidade.