Inicio Carballo ao día Axenda Cine-foro sobre a loita pola...

Cine-foro sobre a loita pola despenalización do aborto no Salvador

Xoves 12 de decembro do 2024 19.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Benestar

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade organiza un cine-foro sobre a loita pola despenalización do aborto no Salvador en colaboración coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz.

"En deuda con todas" é un documental social cun obxectivo político: chamar a atención sobre a vulneración de dereitos que sofren as mulleres salvadoreñas e contribuír, así, á loita dos colectivos feministas que dentro do país centroamericano esixen unha lexislación que non vulnere os dereitos humanos da metade da poboación e que garanta o acceso a unha saúde sexual e reprodutiva libre de prexuízos ideolóxicos, especialmente para as nenas e as adolescentes máis vulnerables.

O relato sostéñeno as súas propias protagonistas, desde ambos os dous lados dos muros do cárcere, lembrándolle ao mundo que despenalizar o aborto cando a saúde da nai corre perigo é tamén unha loita pola vida. Producido por AGARESO, en colaboración con ACPP Galicia e APROCSAL (Asociación de Productores Comunales Salvadoreños).

Entrada libre e de balde ata completar a capacidade.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D