Butacazero abre os Venres Culturais con "O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada"
Venres 7 de febreiro do 2025 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura
Cunha sinceridade crúa e o seu clásico humor irónico, Carrodeguas aborda neste texto de auto[NON]ficción a súa relación co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera recuncho desta apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te escondas, a gordofobia sempre está ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.
Intérprete e autora: Esther F. Carrodeguas
Música: Juanma LoDo
Dirección e iluminación: Xavier Castiñeira
55 min | Público adulto | 5 € / 3 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios