Medrando con Apego: Que contan os fósiles?
Mércores 5 de febreiro do 2025 17.00 e 18.30 horas - Escolas do Xardín Agra de Caldas Lingua

O grupo de Investigación en Cambio Ambiental (GRICA) da Universidade da Coruña (UDC) ofrece a cita "Que contan os fósiles?" no marco do programa Medrando con Apego. Para nenos e nenas de 2 a 6 anos.
As inscricións para cada actividade poderán realizarse desde unha semana antes a través do enderezo electrónico <snl@carballo.gal>.
A cita é nas Escolas do Xardín Agra de Caldas.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo
Colabora: Deputación da Coruña | Xunta de Galicia