Medrando con Apego: Máis música!
Mércores 26 de marzo do 2025 17.00 e 18.30 horas - Escolas do Xardín Agra de Caldas Lingua
Xabi Longueirón amósanos a través dun conto como un neno se marcha a vivir a casa dos avós durante unha tempada. Alí descubrirá a música e a composición. Pouco a pouco vai aprendendo a tocar a guitarra e a pandeireta, coñecemento que lle axuda a crear as súas cancións. Para nenos e nenas de 2 a 6 anos.
As inscricións para cada actividade poderán realizarse desde unha semana antes a través do enderezo electrónico <snl@carballo.gal>.
A cita é nas Escolas do Xardín Agra de Caldas.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo
Colabora: Deputación da Coruña | Xunta de Galicia