Inicio Carballo ao día Axenda "Aprendendo a querer" cos Ratos de...

"Aprendendo a querer" cos Ratos de Lonxedetodo

Mércores 26 de febreiro do 2025 17.30 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Trinketrinke Teatro presenta o espectáculo Aprendendo a querer. Os ratiños e as ratiñas de Lonxedetodo saben da importancia de tratárense os uns aos outros con respecto, coidado e cariño. Saben que isto é fundamental para teren unha boa saúde afectiva e para establecer cos demais relacións afectivas sas, arredándose de relacións de dominio, dependencia ou abuso. E hai contos que nos axudan a identificar unhas e outras.

Lugar: Biblioteca Rego da Balsa
Horarios: 17.30 e 18.30 h
Público: nenos/as de 4 a 8 anos
Entrada de balde con reserva previa a partir do mércores 19 no teléfono 981 758 580

Compartir:


- 2025 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D