Curso "Na procura do estilo fotográfico"
Do mércores 12 de marzo ata o mércores 9 de abril do 2025 De 19.30 a 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura
O programa A través da lente inclúe o curso Na procura do estilo fotográfico, un encontro para amantes da fotografía e da imaxe que está dirixido a afeccionados á fotografía e ás artes plásticas, teñan ou non coñecementos básicos do tema. Ángel Cordero Gómez, ex profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, é o encargado de impartir este curso que ofrece unha reflexión sobre como nos representan as nosas fotografías e como queremos que nos representen. Ao longo das sesións, as e os asistentes, que non precisan ter cámara propia, reflexionarán sobre as ideas e estratexias para adquirir un estilo propio. O curso impartirase repartido en tres citas os mércores 12 e 26 de marzo e 9 de abril en horario de 19.30 a 21.00 horas. Desenvolverase no salón de actos do segundo andar do Pazo da Cultura.
A inscrición é de balde, previa solicitude no enderezo electrónico <culturacarballo@carballo.gal> indicando nome e apelidos, enderezo, teléfono e correo electrónico. O prazo de solicitude está aberto até o 7 de marzo e hai 30 prazas dispoñibles.