Tod@s con Sanxo!
Venres 22 de xullo do 2016 Xardín Municipal - 11.30 h. Lingua

Sanxo
A Biblioteca Rego da Balsa organiza na Praza dos Libros unha actividade creativa e concurso dirixida ao público infantil a partir de 4 anos. Inscrición previa dende o xoves 21 de xullo no propio stand da Biblioteca na Praza dos Libros, que está aberto no horario da feira de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.
Máximo 15 nenos e nenas.