Presentación do poemario "Adagio por outono" de Modesto Fraga
Venres 22 de xullo do 2016 Xardín Municipal - 20.00 h. Lingua

Modesto Fraga
A Praza dos Libros acolle a presentación do poemario Adagio por outono (Ed. Alvarellos), de Modesto Fraga, Premio do XLI Certame Literario-Concello de Vilalba. O autor estará acompañado por Henrique Alvarellos. "Unha alta sinfonía do amor onde todo é tocado polo milagre dunha luz que emana da palabra poética". Deste xeito define a profesora Teresa Seara, no prólogo de "Adagio por outono", a paixón lírica que destilan estes novos versos de Modesto Fraga, escritor de longa e premiada traxectoria literaria.
"Adagio por outono" é unha homenaxe a aqueles poetas italianos que, no século XIII, foron quen de romper coa tradición e situar á muller no centro da súa lírica, e ao sentimento amoroso no núcleo da súa revolución estética e da súa esperanza. Foron coñecidos como o Dolce Stil Novo.
A cita é a partir das 20.00 horas.