Obradoiros creativos para nenos e nenas con Crea Formas
Sábado 23 de xullo do 2016 Xardín Municipal - 11.30 h. Lingua
O grupo artístico Crea Formas desenvolverá durante toda mañá na Praza dos Libros diversos obradoiros de debuxo, pintura, barro, etc., coa presenza de Milagros Cotelo, Esther Chamozo, Isa Fernández, Cristina Castro e outros membros da entidade.
Crea Formas é unha asociación de artistas vinculados á comarca de Bergantiños, que dende o ano 2008 levan realizando diferentes actividades culturais e artísticas, nomeadamente en Carballo.
A partir das 11.30 horas.