Sesión vermú con Sofía Espiñeira
Domingo 24 de xullo do 2016 Xardín Municipal - 13.00 h. Lingua
Sofía Espiñeira
Concerto sesión vermú de Sofía Espiñeira e a súa banda a partir do seu disco Alá onde agroman as herbas. Música fresca, con contido e ritmos variados. Sofía Espiñeira resultou gañadora do II Certame de Canción de autor en galego do concello de Teo, no ano 2015, e agora esta a presentar o seu primeiro traballo discográfico por toda Galicia.
A cita é a partir das 13.00 horas.