VI Carreira 10K Carballo
Domingo 19 de xuño do 2016 Saída Praza do Concello - 10.00 h. Deporte
As rúas de Carballo acollen a sexta edición da carreira 10K Carballo, proba oficial da Federación Galega de Atletismo con distancia homologada. A proba contará con récord de participación, xa que arredor de 1900 corredores e corredoras tomarán a saída tanto na competición 10K como nas categorías inferiores, dende biberón até xuvenil.
O récord do circuito estableceuno en 2015 Abdelaziz Fatihi, do Club Atletismo Sada en 32 minutos e 48 segundos. A vencedora feminina de 2015 foi a deportista carballesa Vanessa Lafuente, cun tempo de 40 minutos e 6 segundos.
Máis info en <www.championchipnorte.com>.