Obradoiro de bookfolding
Sábado 23 de abril do 2016 11:30h na Biblioteca Rego da Balsa Cultura
O sábado 23 celebramos o Día do Libro con vós realizando un obradoiro de "bookfolding".
O Bookfolding ou Folded Book Art é a técnica de realizar figuras tridimensionais mediante o dobrado das follas dun libro. É unha forma divertida de reutilizar libros antigos e darlles outra finalidade converténdoos en obras de arte.
Esta figura tridimensional faise simplemente dobrando os dous cantos de cada páxina. Non é necesario ningún corte, pegado, ou material especial.
Podes elaborar desde as máis sinxelas e minimalistas figuras ata palabras, números ou incluso formas.
Para todos os públicos (a partir de 14 anos)
Entrada de balde (inscrición previa na Bilbioteca)
Hai prazas limitadas!