Primavera en ruta...
Domingo 17 de abril do 2016 Saída Sede Senda Nova - 9.15h Deporte
Senda Nova e o Concello propoñemos Primavera en Ruta, oito percorridos por Carballo e a contorna para coñecer mellor a nosa paisaxe e o noso patrimonio. O domingo 17 de abril é a quenda da ruta Costa Agreste de Cerqueda e Cambre. De 17 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello de Malpica e é a única ruta costeira e circular, con saída e chegada en Cambre. Pasa a carón de Cerámicas El Progreso e visita os Muíños de Ardeleiro, moi próximos ao mar, ademais de ofrecer a oportunidade de ver a carballeira máis cercana ao mar de Europa. Podedes inscribirvos até dous días antes de cada roteiro.
+info: 696 155 232 / sendanova@hotmail.com