Inicio Carballo ao día Axenda Aberta a exposición...

Aberta a exposición "Panóptic@s. Téxtiles tradicionais"

Do xoves 4 de maio ata o domingo 21 de maio do 2017 18 a 20.30 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura Cultura

O andar -1 do Pazo da Cultura acolle ata o 21 de maio a fermosísima exposición “Panóptic@s. Téxtiles tradicionais”, unha mostra de tecido tradicional galego organizada polo Concello de Carballo, a Asociación Cultural Argazo, de Baldaio, e Panosdaquí, unha iniciativa dos teceláns Carlos Díaz e Manuel Otero que transmite un fondo amor pola arte do tear. Trátase dunha colección de teas, roupa de cama e vestidos feitos case todos con liño e la recollidos por toda Galicia, desde localidades bergantiñás como Sofán e Cerqueda ata outras como Vilariño de Conso, en Ourense.

Durante o tempo que a mostra permaneza aberta, do 4 ao 21 de maio, Carlos Díaz estará tecendo na sala de exposicións en horario de visitas, de 18.00 a 20.30.

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D