"Orella Pendella", obradoiro-espectáculo de cancións e recitados infantís con Migallas
Mércores 7 de xuño do 2017 18 e 19.30 h - Pazo da Cultura Lingua
As familias con bebés de 0 a 4 anos teñen unha cita o mércores 7 de xuño con "Orella Pendella", un obradoiro-espectáculo de cancións e recitados infantís que celebraremos no salón de actos do Pazo da Cultura. Bea Campos e Davide González, de Migallas Teatro, ensinarán de maneira práctica e divertida ditos, recitados e cancións infantís para xogar en familia, a partir do traballo recollido en www.orellapendella.org.
Poden participar un máximo de 25 familias por orde de inscrición. As interesadas poden anotarse a partir do día 31 de maio no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística