Concerto de clausura do festival de arte pública Rexenera Fest
Sábado 3 de xuño do 2017 22 horas - Praza do Concello
Para rematar o festival de arte pública do Concello de Carballo, o sábado 3 de xuño terá lugar unha festa de peche con música en directo na Praza do Concello. A entrada será de balde e durante a noite gozaremos da música en directo dos 2PASOS+TOMAS DYLAN co seu hip hop de vangarda, co hardcore rap hiperdimensional dos ALTO ASALTO, e cos inclasificables IGMIG. Unha xornada festivo musical pra celebrar con nocturnidade e alevosía toda unha semana de frenética creación artística nas rúas de Carballo.