Microconferencias d@s artistas do Rexenera Fest
Sábado 3 de xuño do 2017 17.30 a 20.30 horas - Auditorio do Fórum Carballo
Durante a tarde do sábado 3 de xuño teremos un ciclo de microconferencias no que os/as artistas convidados ao festival de arte pública Rexenera Fest compartirán cada un/ha as súas experiencias co público. Amosando a súa obra, traxectoria e filosofía de traballo nun formato de microconferencia de 15 minutos cada un.
Entrada de balde, ata rematar aforo.