Clausura do programa de exercicio físico para maiores
Sábado 10 de xuño do 2017 17 horas - Pavillón Vila de Noia
O programa de exercicio físico para maiores, promovido polas concellarías de Terceira Idade e Deporte, toca á súa fin por este curso. Todos e todas as participantes, tanto no casco urbano como nos locais das parroquias, daranse cita ás 17 horas no pavillón Vila de Noia para ofrecer unha exhibición conxunta e gozar dunha animada festa de clausura da actividade.