Inauguración da exposición colectiva "Luscofusco"
Venres 16 de xuño do 2017 21 horas - 3º andar do Pazo da Cultura Cultura San Xoán 2017
29 artistas participan na exposición colectiva de creadores vinculados a Carballo, unha iniciativa da Concellaría de Cultura na que colabora o colectivo Crea Formas, e que este ano converterase nun acto de lembranza e homenaxe ao poeta malpicán Paco Souto, moi vinculado ao movemento artístico carballés. “Luscofusco”, título xenérico da mostra, inclúe obras de artistas con traxectorias e modalidades moi diversas, que abranguen pintura, fotografía ou escultura, entre outras.
A exposición será inaugurada o venres 16 ás 21 horas no 3º andar do Pazo da Cultura. No acto intervirán o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; algún dos artistas participantes, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Como remate, a escritora Rosalía Fernández Rial, acompañada por Serxio Moreira ao piano, realizarán unha actuación de homenaxe a Paco Souto, cuxa memoria estará presente tamén na mostra a través dunha das súas obras.
“Luscofusco” inclúe traballos de Adriana Díaz, Ana García, Antón Diaz, Antonio Reino, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Dami Varela, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Jacobo Veiga, Javier Rodríguez, Laura Tova, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O’ Mighelo, Oti Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl Herrera, Risé, Santi Picos, Teresa Candal e, como artistas convidados, Peter Schneider e Viki Rivadulla.