Os directores dos centros de formación da provincia celebran unha xuntanza de traballo no Fórum Carballo
Mércores 20 de abril do 2016 9.30h. - Fórum Carballo
Os directores de oito centros de formación da provincia da Coruña celebran o mércores 20 de abril unha reunión de traballo nas instalacións do Fórum Carballo. Os obxectivos da xuntanza son analizar as últimas convocatorias da Xunta de Galicia, unificar criterios á hora de programar as accións formativas e preparar un próximo encontro con representantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Está previsto que a cita comece a partir das 09.30 horas.
Na reunión participarán os responsables dos centros de formación de Arteixo, Betanzos, Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Oleiros e tamén do de Carballo como anfitrións da cita.