Contos de Grandes segredos de animais, grandes e pequenos, con Paula Carballeira
Venres 29 de abril do 2016 Pazo da Cultura - 18.30 h. Cultura Semana do Libro 2016
A Semana do Libro e a Lectura pecha coa actuación da coñecida contadora de historias, Paula Carballeira e unha nova entrega dos seus relatos. Ata os animais máis pequenos poden ter dentes, e iso, ás veces, mete medo. Pero eles, os animais, tan contentos, viven a súa vida. Pouca xente sabe que para amansar crocodilos non hai nada mellor que a poesía, ou que a baba dos caracois e das lesmas garda os segredo da xuventude e da beleza, ou que houbo unha vez unha formiga que non quixo ser obreira, nin raíña, senón cantante.