Cultura

Cultura

- 2025 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Cultura con forza: máis de 25 propostas de teatro, música, cine, danza e artes plásticas en Carballo até o mes de abril

Amal en Ruta, os Venres Culturais, Primavera enDanza, A través da lente e catro exposicións conforman este programa que arrinca o 30 de xaneiro

Mércores 22 de xaneiro do 2025 Cultura

Rolda de prensa Cultura con Forza 2025

Presentación do programa Cultura con Forza

Cultura con Forza volve a Carballo con máis de 25 propostas culturais que encherán a vila de vida ata o mes de abril. Un ano máis poderemos desfrutar coas obras e a creatividade do vizoso tecido cultural galego, pero tamén cunha ollada posta noutras culturas e noutras sensibilidades. A Concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, o director da Agadic, Jacobo Sutil e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, foron os encargados de presentar este programa no auditorio do Pazo da Cultura. A responsable da área quixo subliñar o traballo de remodelación das butacas deste espazo, que xa está case rematado, e que leva realizándose desde despois do Nadal. O retapizado e a substitución de pezas deterioradas constituíu o groso deste labor que se completa coa renovación do sistema de alumeado para que as espectadoras e espectadores dos espectáculos desfruten o máximo posible a partir do 30 de xaneiro, cando arranca o programa.

Sutil, en nome da Agadic da Xunta de Galicia, resaltou a importancia da colaboración institucional entre o Concello, a Deputación da Coruña e o seu departamento "traballando conxuntamente e con lealdade para facer a mellor programación posible". O Alcalde, pola súa banda, quixo mencionar a importancia da "Cultura como un ben necesario para crear sociedade, xa que tamén é unha potencia económica que temos que mimar". Os tres quixeron lembrar así mesmo a importancia este ano da música tradicional, do folclore e das cantareiras, a quen están este ano dedicado o Día das Letras Galegas e que tamén terán o seu espazo destacado no programa de Cultura con Forza.

Con Cultura con Forza Carballo segue a ser o escenario cultural da comarca pola diversidade das propostas, cunha ampla variedade de citas dirixidas a públicos diversos, distintas disciplinas artísticas ou diferentes estilos. Deixa especial protagonismo á cultura galega, pero tamén con atención a destacadas producións doutras comunidades e mesmo con presenza internacional. Favorece, así mesmo, a participación de artistas vinculados a Carballo co obxectivo de difundir a creación local. E sempre aposta pola calidade, contando con grupos profesionais con traxectorias distintas, consolidadas ou máis emerxentes, pero sempre cos últimos espectáculos do panorama artístico e cultural.

O teatro, as artes plásticas, a danza, a fotografía ou o audiovisual están presentes neste programa que este ano tamén lle presta especial atención ao noso folclore, xa que renderá homenaxe ao labor das cantareiras, mulleres transmisoras dunha música que está moi viva en Carballo e ás que se lles dedica este ano o Día das Letras.

O programa integra varios ciclos de longa traxectoria ofertados pola Concellaría que se desenvolverán no Pazo da Cultura, un espazo que vén de renovar recentemente as butacas do seu auditorio. Os asistentes ás actividades serán quen de estrealas asistindo aos Venres Culturais, á Mostra de Cine euroárabe Amal en Ruta ou a Primavera enDanza. Ademais, neste 2025 retomamos a iniciativa A través da lente, un encontro para os amantes da fotografía e da imaxe.

En total son:

  • 5 longametraxes de Amal en Ruta,
  • Venres Culturais con 4 espectáculos de teatro para adultos
  • 2 espectáculos do ciclo En Familia
  • 1 de música
  • 5 espectáculos de danza da XXIII edición de Primavera enDanza, un deles do ciclo En Familia
  • 4 exposicións
  • 5 citas A través da lente
Ademais, Cultura con Forza inclúe na súa programación outras propostas como teatro escolar, os concertos do Conservatorio Profesional de Música, Contacontos nas Bibliotecas de Carballo, citas con Apego, ou a XVIII Semana do Libro e a Lectura a finais de abril. Tamén hai que mencionar o ciclo de música Curruncho Pop.

O programa Cultura con Forza está organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Carballo grazas á colaboración da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), da Deputación da Coruña e este ano conta tamén coa participación do Museo do Pobo Galego.

VENRES CULTURAIS
  • Venres 7 de febreiro - 21.00 horas. Teatro. Butacazero (Galicia).  O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada
  • Venres 14 de febreiro - 21.00 horas . Teatro. David Amor e Josito Porto (Galicia). Go home!
  • Domingo 16 de febreiro - 18.00 horas. Teatro en familia. PT Excéntricas (Galicia). Monstros
  • Venres 21 febreiro - 21.00 horas. Teatro. Ibuprofeno Teatro (Galicia). Reconversión
  • Venres 14 marzo - 21.00 horas. Teatro. Talía Teatro (Galicia). Un deus salvaxe
  • Venres 21 marzo - 21.00 horas. Música. MICE Museo do Pobo Galego (Galicia). 586 Cantos
  • Domingo 23 de marzo – 18.00 horas. Teatro xestual. Elefante elegante (Galicia). Kyoki
As entradas para estes espectáculos estarán a venda de xeito anticipado a partir do venres 24 de xaneiro en <billeteira.carballo.gal>.Tamén será posible a venda directa o mesmo día do espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura dende 90 minutos antes de cada actuación.

AMAL EN RUTA – MOSTRA DE CINE EUROÁRABE
  • Xoves 30 xaneiro - 20.00 horas. The teacher
  • Sábado 1 febreiro- 20.00 horas. Inshallah walad
  • Xoves 6 febreiro - 20.00 horas. The old oak
  • Xoves 13 febreiro - 20.00 horas.  To a land unknown
  • Xoves 20 febreiro - 20.00 horas. By bye Tiberias
O acceso ás proxeccións será de balde ata completar o aforo.

PRIMAVERA ENDANZA
  • Venres 28 marzo – 21.00 horas. Paula Quintas (Galicia). Aurora Boreal. ESTREA ABSOLUTA.
  • Sábado 29 marzo – 20.30 horas. Marta Alonso (Galicia). Sofá
  • Sábado 5 abril – 20.30 horas. Lali Ayguade (Cataluña).Together to get there
  • Domingo 6 abril - 18.00 horas. En Familia. Lowland Performing Arts (Cataluña). Cometa
  • Venres 11 abril – 21.00 horas. Daniel Rodríguez (Galicia). Transeúnte
As entradas para estes espectáculos estarán a venda en <billeteira.carballo.gal>. Tamén será posible a venda directa o mesmo día do espectáculo na billeteira do Pazo da Cultura dende 90 minutos antes da actuación.

A TRAVÉS DA LENTE
  • Mércores 12 febreiro – 19.30 horas. Presentación do libro de fotografías de Xesús Búa Homes e mulleres de sal e ferro.
  • Mércores 26 febreiro – 19.30 horas. Visita guiada da exposición do 18º Premio de creación fotográfica Luis Ksado.
  • Os mércores 12 e 26 de marzo e 9 de abril - de 19.30 a 21.00 horas. Curso Na procura do estilo fotográfico a cargo de Ángel Cordero Gómez.
  • Xoves 20 marzo – 20.00 horas. Proxección do documental Dorothé na vila.
  • Xoves 10 abril – 20.00 horas. Acto de entrega de premios e inauguración a exposición do XXVII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís.
  • Mércores 23 de abril – 19.30 horas. Visita guiada á mostra do XXVII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís.
Todas as citas son de balde.

EXPOSICIÓNS
  • 13 de xaneiro a 1 de febreiro. XVIII Premio Arte Gráfica Jesús Núñez
  • 31 de xaneiro a 28 de febreiro. O son do nordés de Loli España
  • 28 de febreiro a 18 de marzo. 18º Premio de creación fotográfica Luis Ksado
  • 10 de abril a 10 de maio. XXVII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís
Todas as exposicións poden verse en horario de 17.00 a 21.00 horas, de luns a sábado.

Descargas

Compartir: