Convocatoria para a formación dunha listaxe de persoas candidatas para a provisión interina ou temporal de traballador/a social
O Concello de Carballo abre a convocatoria para a selección de persoal, mediante o sistema de concurso oposición, para a confección dunha listaxe de substitucións de traballador/a social para a provisión interna ou temporal de prazas con esta categoría profesional.
O prazo para presentar as instancias estará aberto do 17 ao 21 de outubro de 2022.
Con data 3 de novembro faise pública a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a composición do tribunal do proceso de selección. O primeiro exercicio será o día 11/11/2022, tal e como indica a resolución.
O 11 de novembro de 2022 fanse públicos os resultados do primeiro execicio.
O 22 de novembro de 2022 fanse públicas a resolución de alegacións ao primeiro exercicio e a data de celebración do segundo.
O 5 de decembro de 2022 fanse públicos os resultados do 2º exercicio.
O 9 de marzo de 2023 faise pública a valoración de méritos.