Convocatoria de 4 prazas de oficial de obras. Persoal funcionario de carreira
Publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as bases xerais e bases específicas que regularán a convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de catro (4) prazas de oficial mantemento obras (grupo C, subgrupo C2), da escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Persoal de Oficios, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo.
De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
IMPORTANTE: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria de 4 prazas de oficial de mantemento de obras, persoal funcionario de carreira (OEP ordinaria).
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Publicada a convocatoria no BOE núm. 135 do 04/06/2024.
O prazo de presentación de instancias será desde mañana mércores día 05/06/2024 ata o xoves 4/07/2024, ambos incluídos (prazo de 20 días hábiles).
As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán dun prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes provisionais no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de persoas admitidas.BOP da Coruña núm. 179 do 18 de setembro de 2024. Polo que o prazo de emendas será DESDE O 19/09/2024 ATA O 02/10/2024, ambos incluídos.
Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura por persoal funcionario de carreira, en quenda libre e mediante o sistema de concurso-oposición, de CATRO (4) PRAZAS DE OFICIAIS MANTEMENTO OBRAS incluídas na OEP 2022 Ordinaria do Concello de Carballo. BOP da Coruña núm. 35 do 20 de febreiro de 2025.
Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS da fase de concurso que terá lugar o 6 DE MARZO DO 2025 ÁS 11.30 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.
Convocar ás persoas aspirantes para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, que terá lugar o 19 DE MARZO DO 2025 ÁS 12.00 HORAS no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, Carballo).
Publicada corrección de erros da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura por persoal funcionario de carreira, en quenda libre e mediante o sistema de concurso-oposición, de CATRO (4) PRAZAS DE OFICIAIS MANTEMENTO OBRAS incluídas na OEP 2022 Ordinaria do Concello de Carballo. BOP da Coruña núm. 38 do 25 de febreiro de 2025.
Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS da fase de concurso que terá lugar o 6 DE MARZO DO 2025 ÁS 11.30 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.
Convocar ás persoas aspirantes para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, que terá lugar o 19 DE MARZO DO 2025 ÁS 12.00 HORAS no EDIFICIO FÓRUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, Carballo).
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que se indican no ANEXO.Segundo a Base DÉCIMA da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 10/03/2025 e rematará o DÍA 14/03/2025, ambos INCLUÍDOS.
O tribunal recorda que, segundo a Resolución da Alcaldía núm. núm. 452/2025 do 14/02/2025 (BOP núm. 35 do 20/02/2025), as persoas aspirantes foron convocadas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, que terá lugar o vindeiro 19 de marzo do 2025 ás 12.00 horas, no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).
BAREMACIÓN DA PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA
O tribunal acorda a publicación da puntuación acadada no primeiro exercicio da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, polas persoas aspirantes presentadas, identificadas cos correspondentes códigos alfanuméricos, segundo os criterios de baremación acordados polo tribunal selectivo e conforme ás bases do proceso selectivo. Así mesmo, o tribunal acorda a publicación do Anexo das preguntas formuladas, versión en castelán e versión en galego, así como, das respostas correctas ás mesmas.
As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións/alegacións que consideren oportunas referidas á proba teórico-práctica no prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte á publicación da súa puntuación no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo. Polo que o prazo de formulación de alegacións empezará o DÍA 31/03/2025 e rematará o DÍA 04/04/2025, ambos INCLUÍDOS.
NOTA: OS ASPIRANTES QUE ACCEDAN AO CASO PRÁCTICO DEBERÁN PRESENTARSE O DÍA DA PROBA CON ROUPA DE TRABALLO, BOTAS DE SEGURIDADE E LUVAS DE TRABALLO, EN CASO CONTRARIO NON PODERÁN REALIZAR A PROBA.