Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de 4 prazas de traballador/a...

Proceso selectivo de 4 prazas de traballador/a social (OEP 2022 Extraordinaria)

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, de catro (4) prazas de funcionario de carreira no posto de TRABALLADOR/A SOCIAL incluídas na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 24 do 1 de febreiro de 2024.

Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS que terá lugar o XOVES 8 DE FEBREIRO DO 2024 ÁS 10.00 HORAS na sala de xuntas da casa do concello de Carballo.

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos do concurso son os que de seguido se indican no ANEXO I.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos do concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións empezará o DÍA 13/02/2024 e rematará o DÍA 19/02/2024, INCLUÍDO.

Descargas

Compartir: